A Deputación rexeita a moción do PP en apoio aos traballadores de Ence

PONTEVEDRA> Os traballadores de Ence volveron a ser os protagonistas do pleno provincial de esta mañá. Nesta ocasión non estiveron presentes pero o Partido Popular  presentou unha moción na que pediu o apoio da administración aos operarios da fábrica. Unha proposta que finalmente foi rexeitada.

O futuro dos traballadores de Ence segue sendo incerto. Por iso, o Partido Popular pediu esta mañá no pleno o apoio da administración provincial aos operarios da pasteira.

Os portavoces do BNG e do PSOE recordaron o cambio de posición do Partido Popular ante o futuro da fábrica en Lourizán e insistiron na posibilidade do traslado.

César Mosquera e López Font tamén aproveitaron a ocasión para desmentir os datos do emprego de Ence.

Ángel Moldes pediu ao Partido Socialista e ao Bloque que recapacitasen na súa decisión de non apoiar aos traballadores da fábrica e engadiu…

Finalmente a moción dos populares foi rexeitada cos votos en contra do PSOE e do BNG.