Pontevedra moderniza os ordenadores e as luminarias de exteriores

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra continúa adiante co seu proceso de eficiencia enerxética nas rúas do entorno casco urbán e no rural. Deste xeito, avanza na substitución das actuais luminarias por leds que, aínda que máis custosos inicialmente, supoñen un importe aforro de enerxía a longo prazo. Foi algún dos asuntos dos que se falaron en xunta de Goberno esta mañá na Capital do Lérez. Na Capital de Provincia apostan pola modernización en varios sensos. De feito esta mañá, á marxe dos asuntos regulados estrictamente na Xunta de Goberno, o executivo local acordou continuar ca substitución progresiva das luminarias en máis zonas próximas ó casco urbán. Tralo éxito da experiencia en Monteporreiro, agora as lámpadas leds serán instaladas no Barrio de A Seca e en Ponte Sampaio. Malia teren recoñecido que a eficiencia enerxética é palpable o custe da substitución das luminarias é importante polo que esta actuación se está a realizar por fases. Outra modernización que se vai a facer en breve, é a que afectará ós ordenadores do Concello de Pontevedra. O Consistorio volve a sacar a concurso público a concesión do renting duns 200 ordenadores das 17 dependencias municipais cun importe máximo anual de 95.000 euros. González anunciou tamén que este mércores remata o prazo estipulado para a ocupación dos terreos que faltan para o desdobramento da Avenida de Vigo. Ate o de agora chegouse a un acordo co 50 % dos propietarios, e agora o Concello conta con 1.220.000 euros para expropiar as fincas cas que non se acadou conformidade para facilitar o desdobramento do vial. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/11/raimundo_1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/11/xunta_goberno_pontevedra_111113.mp4 {/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí