Comezan as obras do dique de abrigo no Porto do Xufre

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/porto_xufre.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/obras_peirao_xufre_121113.mp4{/flowplayer} A ILLA> Portos de Galicia comezou hoxe no Porto do Xufre ca instalación do dique de abrigo aboiante nesta bocana do peirao illense. Unha infraestructura que desde o Goberno Autonómico seguen a defender como a axeitada para defender os barcos das inclemencias meteorolóxicas. O primeiro dos 12 mortos que compoñerán o dique aboiante do Porto do Xufre na Illa de Arousa xa está ubicado no seu lugar definitivo. As labores de mergullo, arrastre e colocación son aparentemente sinxelas malia as dimensións destas pezas prefabricadas de cadansúas sesenta toneladas de peso; son as máis grandes construídas en Galicia para unha obra destas características. Desta volta foi un equipo da Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña, liderado polo profesor Enrique Peña, os encargados de crear estas moles de formigón que darán abrigo as embarcacións dos mexilloeiros, pescadores e mariscadores da Illa. As previsións apuntan a que este dique de abrigo podería estar rematado xa o mes que ven, posto que a colocación desta modalidade de infraestructura é máis doada que as convencionais que precisan de máis recheo e máis permisos medioambientais. Foron estes precisamente algúns dos puntos que determinaron que se escollese este tipo de infraestructura fronte a outras opcións. Despois da intensa polémica sobre este dique de abrigo aínda había algún mariñeiro que protesta contra ela por detrás. José Juán Durán defendeu que a actuación que se implantaba era a axeitaba e á apoiada pola inmensa maioría. A finais de ano, unha ringleira de módulos de 240 metros de longo pechará a punta do Aguiúncho protexendo ás embarcacións de posibles embestidas de temporais, sen menoscabo de futuras actuacións que se poidan desenrolar neste entorno portuario no futuro.