A Amanita dos Césares conquista o ‘Outono Micolóxico’

VILAGARCÍA> A Asociación A Cantarela cumpre 30 anos de traxectoria cun programa de actividades inzado de propostas para celebrar o seu aniversario e o tradicional ‘Outono Micolóxico’. Entre elas, as famosas exposicións de exemplares, esta edición cunha seta excepcional: a coñecida como Amanita dos Césares. Desde este domingo, dous grandes cogomelos de pedra lembran no parque Miguel Hernández que A Cantarela chegou ós 30 anos de andaina. Trinta anos espallando o interese pola micoloxía e natureza que pouco a pouco foi espertando a curiosidade dos vilagarciáns. A súa actividade faise máis visible neste tempo de setas, cando organizan o seu tradicional ‘Outono Micolóxico’. Unha das citas ineludibles, a mostra de exemplares que cada ano realizan no Auditorio. Nesta ocasión cunha seta de excepción: a coñecida como a Amanita dos Césares, un cogomelo moi pouco frecuente nos montes galegos. Época que por certo este ano non está a ser moi axeitada para a recollida de cogomelos. De feito, na Cantarela, tiveron problemas para xuntar exemplares para a mostra. Tras estes trinta anos de traxecto, a Cantarela suma na actualidade 190 socios. Amantes da micoloxía que máis que dedicarse ó estudo dos exemplares, reúnense para facer saídas ó monte e recoller aquelas setas que coñecen para o consumo. Porque non hai que esquecer o risco que supón a inxecta de cogomelos velenosos. Ás saídas a campo e exposicións de setas, o programa deste Outono Micolóxico complétase con charlas formativas que se estenderán ó longo de toda esta semana e a tradicional Festa dos Cogomelos, que terá lugar o día 17 na praza da Peixería. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/amanita.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/ANIVERSARIO_CANTARELA.mp4{/flowplayer}