A Lotería Nacional deixa 50.000 en Pontevedra

PONTEVEDRA> O sorteo especial da Lotería Nacional desta fin de semana deixou en Pontevedra 50.000 euros repartidos en 10 premios de cadanseus 5.000 euros. O número premiado foi o 12.398, vendido na administración número 2 da cidade e no lindeiro Bar Chalo. A sorte volveu a recalar na Cidade do Lérez, desta volta en forma de premio do sorteo especial da Lotería Nacional. En total, o sorteo do sábado deixou en Pontevedra cincuenta mil euros ben repartidos nun total de dez billetes de lotería do número 12.398. Os décimos foron vendidos nesta administración número 2 da Cidade e no bar Chalo, ben pretiño da mesma. Dáse a casualidade de que este era un número herdado: facía anos que se xogaba nunha cafetería da zona na que nunca tocara nada. Agora que pechou foi o Bar Chalo, que abriu as súas portas fai escaso ano e medio o que se quedou con el, e xa obtivo o seu primeiro premio importante. A nova correu como a pólvora pola Cidade o que deu en multiplicar as vendas para próximos sorteos, tanto no bar como na propia administración. E é que esta Administración, a número 2, xa non é a primeira vez que reparte sorte e agarda poder volver a ciscala no vindeiro sorteo de Nadal. Aquí hoxe non se falaba de outra cousa. Ós que non lle tocou seguen probando sorte; a ver se nos sorteos de Nadal a deusa fortuna volve por estes lares. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/premio_loteria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/premio_loteria_pontevedra.mp4{/flowplayer}