A Deputación e o concello modernizan as rúas de Ribadumia

RIBADUMIA> Ribadumia presenta un aspecto máis moderno grazas ás reformas realizadas pola Deputación de Pontevedra e o concello. As obras consistiron nas melloras da contorna da pousada e do centro de Barrantes. O investimento conxunto superou os 400 mil euros.

O concello de Ribadumia e a deputación de Pontevedra colaboraron en diferentes proxectos para modernizar ao municipio do Salnés. As actuacións de ambas administracións centráronse nas melloras da contorna da pousada e do centro de Barrantes. Nas proximidades do establecemento melloraron as estradas e as beirarrúas pero tamén diferentes servizos como abastecemento e saneamento.

A deputación investiu nesta obra máis de 211 mil euros. Unha actuación necesaria para mellorar a accesibilidade á posada.

O outro proxecto levouse a cabo no centro de Barrantes. Nesa zona mellorouse a contorna do colexio, a gardería e o campo de fútbol. Un investimento conxunto entre ambas administracións de 187 mil euros.

O alcalde destacou a importancia desta obra pola gran afluencia de persoas e especialmente de nenos e nenas que transitan por esas rúas. Asegura que aínda quedan cousas que mellorar e que xa traballan para elo.

Ambas administracións abriron a porta a seguir colaborando en futuros proxectos neste novo mandato.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí