Un hostaleiro boirense compite por ser o mellor barista

BOIRO> Tony Chaves, propietario da cafetería Ágora, participa por primeira vez no Concurso Internacional de Baristas de Foz, un dos certames de maior prestixio dos que se celebran no país.

Falar de café en Boiro é falar de Tony Chaves. No seu local, a cafetería Ágora, situada na rúa peonil, sérvense os mellores cafés da comarca. Aínda que el, por humildade, non o diga.

Sendo moi novo descubriu a súa paixón polo café dende que comezou a traballar no sector da hostalería. Unha paixón que co paso dos anos foi en aumento, razón pola que decidiu formarse

Con moitos nervios, acode por primeira vez ó Concurso Internacional de Baristas de Foz, no que competirá con profesionais e estudantes de centros de hostalería, non só de Galicia, senón tamén doutras comunidades, e mesmo de Portugal, de aí que estea considerado coma un dos certames de maior prestixio dos que se celebran no país. Polo que o nivel será do máis alto.

Con premio ou sen premio, o que si ten claro este hostaleiro boirense é que o concurso lle servirá de experiencia, e quen o vai a notar serán os clientes do seu establecemento, que de seguro recoñecerán o seu traballo e poderán seguir disfrutando dunha boa taza de café.

Comments are closed.