O PSdeG de Meaño asegura que non existe ningún pacto co Partido Popular

MEAÑO> O PSdeG de Meaño desminte que exista ningún acordo entre o seu partido e o PP. Manuel Radío afirma que descoñece o motivo polo cal os dous edís populares apoiaron a súa candidatura á mancomunidade. Asegura que votaron a favor propostas tanto do PP como de Meaño Independiente pensando no ben da vila.

O PSdeG de Meaño desminte que as votacións do pleno de organización da vila estivesen pactadas previamente. A pesar de que os populares non presentaron candidato e dous edís conservadores apoiaron aos socialistas, o voceiro do PSdeG asegura que non existe ningún acordo entre ambas formacións.

Manuel Radío tamén negou que o seu partido estivese ideando unha moción de censura.

O voceiro socialista asegurou que en ningún momento prepararon o pleno pensando na mancomunidade.

Manuel Radío engadiu que dende o seu partido tampouco lle deron ningunha directriz sobre o ente comarcal.

Polo momento descoñécense os motivos polos que o Partido Popular non presentou un candidato e si apoiou aos socialistas. Dende Canal Rías Baixas tentamos contactar co alcalde pero non tivemos resposta.