Cores Tourís reúnese cos alcades da comarca Ulla-Umia

    touris_ulla_umia_100_010609.jpgCUNTIS> A ubicación da canceira mancomunada e o proxecto do parque de bombeiros foron algúns dos temas que trataron.

    {flowplayer}images/salnes/010609_touris_alcaldes_ulla_umia.flv{/flowplayer}

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra continúa coa súa rolda de contactos cos alcaldes das comarcas situadas na súa área de xestión. Hoxe foi a quenda dos rexedores de Ulla Umia. Durante a xuntanza tratáronse varios proxectos que os membros da mancomunidade pretenden retomar, entre eles, a construción dunha canceira e do parque de bombeiros.

    Logo destas xuntanzas comarcais, Cores Tourís ten pensado atender ás demandas que en particular lle presente cada concello. Para iso reunirase por separado con cada un dos alcaldes, ó ser os cargos da administración máis próximos ós cidadáns e que máis coñecen as súas necesidades.

    Redacción Salnés