O Salnés triunfa como un dos destinos máis demandados polos bonos turísticos da Xunta

MEANO> Os establecementos do Salnés destacan entre a oferta dos bonos turísticos da xunta de Galicia. Dos 700 locais adheridos, 98 pertence á comarca salnesá. A iniciativa foi un éxito permitindo a mobilización de máis de 7 millóns de euros.

A segunda convocatoria de bonos turísticos da xunta de Galicia foi un éxito. Así o valorou o delegado da Xunta en Pontevedra que esta mañá visitou a Quinta de San Amaro, en Meaño. A oferta que foi lanzada hai uns días, tardou tan só 12 horas en esgotarse, cunha lista de espera de 80 mil persoas. Con esta iniciativa, a xunta mobilizará máis de 7 millóns de euros.

A esta convocatoria adheríronse preto de 700 establecementos, dos cales 98 atópanse na comarca do Salnés, poñendo de manifesto a importancia do turismo nesta zona. A iniciativa tamén está servindo para que os propios galegos coñezamos máis da nosa comunidade.

Os bonos foron lanzados en tres paquetes de 500, 350 ou 200 euros, dos cales a xunta aportaba o 60%. Dende a administración autonómica quixeron destacar que a iniciativa non sería posible sen o traballo dos establecementos hostaleiros.

Dende a Xunta tamén quixeron solicitar a colaboración da Deputación de Pontevedra. O delgado territorial sinalaba a importancia do traballo entre as administracións para axudar á reactivación do sector turístico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí