O pacto na Deputación entre o PSOE e o BNG está asegurado

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra celebrou hoxe o último pleno deste mandato. A presidenta quixo aproveitar a ocasión para agradecer a todos os deputados o seu traballo nestes 4 anos e pedir aos que continúan que sigan traballando conxuntamente por mellorar a provincia.

Esta é a imaxe que resume á perfección o pleno celebrado esta mañá na Deputación de Pontevedra. O PSOE e o BNG poñen fin a unha etapa de goberno tendo aínda enriba da mesa ás negociacións para o vindeiro mandato. Nin a presidenta nin o vicepresidente quixeron adiantar nada, o que si confirmaron é que o pacto é seguro.

Carmela Silva insistiu en que ela non forma parte das negociacións, pero quixo resaltar a súa postura.

A presidenta aproveitou o pleno para agradecer o traballo realizado por toda a corporación nos últimos 4 anos e desexar que a colaboración e o diálogo sigan sendo a base do vindeiro mandato.

Con este peche de mandato, agora soamente queda esperar ao vindeiro mércores para saber en que quedan ás negociacións entre os socialistas e os nacionalistas. Aínda que ese acordo podería chegar, incluso, despois do Pleno de Investidura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí