Sobresida provisionalmente a causa da Operación Patos no Concello

PONTEVEDRA> Sobresida de forma provisional a causa dos supostos enchufes do Concello de Pontevedra na empresa Cespa, concesionaria do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos da cidade. O xuíz non ve indicios de delito nos nomes aparecidos nun documento na sede empresarial que relacionaban supostas contratacións con edís do consistorio e outros traballadores.

Ante a falta de claridade acerca de se esas persoas foron ou non contratadas, a data e autoría descoñecidas do documento e a escasa capacidade de influír que poderían ter un sindicalista e un vixiante de mercado que aparecían tamén como supostos mentores o maxistrado decidiu sobreser de forma provisional esta causa, peza separada da Operación Patos. A pesares de que para o sobresemento total aínda falte por aclarar se esas persoas foron contratadas e de onde se sacou o devandito documento, dende o concello de Pontevedra amosáronse contentos e tranquilos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/01/intro_total_arquivo_patos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/01/intro_total_arquivo_patos.mp4{/flowplayer}