Louzán: ‘Quen quixo facer un xuízo político do Prestige, perdeu’

PONTEVEDRA> As principais cidades galegas volven a elevar as bandeiras azul e negra que marcaron o símbolo do movemento Nunca Máis. Este venres a plataforma convocou mobilizacións en rexeitamento á sentencia do Prestige, que pechou a maior catástrofe medioambiental de Galicia sen culpables. O Prestige marca un día máis a actualidade informativa e as reaccións seguen a sucederse. As posibilidades de presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo quedan practicamente desbotadas desde diferentes colectivos. No plano político, tamén seguen os pronunciamentos. Entre eles, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. A sentencia absolutoria por delito medioambiental ditada o pasado mércores pola Audiencia Provincial da Coruña deixa a vía xudicial practicamente pechada. Ou cando menos esta é a idea que está a transcender desde diferentes colectivos socias e de afectados. Hai opción de recorrela, pero os mesmos xuristas recoñecen que un recurso de casación ante o Tribunal Supremo tería serias dificultades para ir adiante. Pero a repulsa e enfado que xerou desde o primeiro momento o fallo segue a reproducirse e aflorar en iniciativas sociais, como a protesta que este serán convocaba a plataforma Nunca Máis nas principais cidades galegas. E políticas. O BNG do Salnés vai levar ós plenos de tódalas corporacións nas que está presente unha moción solicitando que os concellos se posicionen oficialmente en contra da sentenza do Prestige, insten á Xunta de Galicia a que demande ó estado español a transferencia das competencias para o control e inspección dos barcos que recalan nos portos galegos e dos que transitan polo dispositivo de separación de Fisterra e apoiar tódalas mobilizacións que se fagan neste senso. Desde as ringleiras do Partido Popular tamén se produciron hoxe novas manifestacións. O presidente da Deputación de Pontevedra mantivo a liña manifestada onte polo titular do goberno galego e lamentou que os custes económicos e medioambientais que sufriu Galicia trala catástrofe no quedaran resarcidos. Pero aplaude a absolución do único cargo político imputado, o ex director da Mariña Mercante José Luis López Sors. Di Rafael Louzán que ‘os que quixeron facer un xuízo político do Prestige, perderon’. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/15/louzanprestige.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/15/PRESTIGE_151113.mp4{/flowplayer}