PONTEVEDRA>A deputación de Pontevedra devolverá a Polonia os cadros atopados no museo de Pontevedra. A razón desta devolución é que as obras foron espoliados polos nazis e dende a deputación consideran que é un acto de xustiza que regresen ao seu país de orixe. Segundo indican dende a administración provincial, numerosos museos de todo o mundo os están felicitando pola súa acció
O museo de Pontevedra levará a cabo un acto de xustiza. Así se refire a deputación de Pontevedra á devolución dos cadros espoliados polos nazis que serán entregados a Polonia, o seu país de orixe. A entrega terá lugar mañá ás 12 e media directamente a unha delegación do país polaco.
Dende a deputación séntese moi orgullosos da decisión tomada e agardan que todos os museos do mundo que se vexan na mesma situación, fagan o mesmo.
De feito segundo indican dende a deputación, museos internacionais xa felicitaron ao museo de Pontevedra pola súa decisión.
Os cadros serán trasladados ao Museo de Poznan en Polonia onde estarán gardados mentres non se decida o seu destino final. Pola súa parte o Museo de Pontevedra non deixa de recibir eloxios pola súa acción, uns recoñecementos que aumentan o prestixio dun meso que nas últimas semanas converteuse no único de España en contar cos distintivos da Q de calidade e a S de sustentabilidade.pNTEVEDRA