O Partido Popular pide a Lores que aclare se o mercadillo de antigüidades “é ilegal ou non”

PONTEVEDRA> Estas non foron as únicas explicacións que o Partido Popular pediu ao Concello esta mañá. Rafa Domínguez analizou tamén o acontecido nos últimos días en relación ao mercadillo de antigüidades. O voceiro do PP esixiu ao alcalde que aclare, canto antes, se esta actividade era ou non ilegal, e reclamou ao goberno municipal que non realice máis chapuzas durante o seu mandato.

Esta é a pregunta que o Partido Popular quixo facer esta mañá á corporación municipal e, en especial, ao alcalde. Rafa Domínguez quere saber se Lores era coñecedor da decisión de prohibir o mercadillo de antigüidades e por iso lle pide que aclare se este espazo é ilegal, tal como asegurou nas últimas horas a edil socialista Gloria Blanco, ou polo contrario, leva a cabo unha actividade regulada.

Rafa Domínguez cre que a edil socialista, Gloria Blanco,se equivocou á hora de suspender o mercadillo antes de dialogar cos vendedores.

Os populares cren que o acontecido nas últimas horas en relación co mercadillo demostra a mala relación que existe entre o goberno municipal.

O voceiro popular está de acordo con que se continúe co mercadillo de antigüidades, sempre e cando se regularice a súa actividade e se estableza unha folla de ruta.