Pontevedra> Barroco, o can que chegou o domingo a protectora Os Palleiros evoluciona favorablemente. Tratase dun can que viña con feridas moi graves, provocadas por unha pelexa, e que deixaron abandonado ás portas deste local. Dende esta protectora, solicitan a colaboración dos cidadáns para tentar identificar o dono do animal e poder denuncialo ante a Garda Civil. Chegou o domingo con graves feridas no seu corpo froito dunha pelexa, o can foi abandonado nas inmediacións do centro de acollida Os Palleiros e dende o primeiro momento xa se puxeron a traballar para melloras o seu estado de saúde. As feridas son moi graves e nunha das patas conta cunha gran infección. Con todo dende a protectora agardan que evolucione favorablemente. A mensaxe nesta xornada é clara, dende este centro de acollida Os Palleiros, solicitan a colaboración dos cidadáns para tentar identificar o dono do animal e poder denuncialo ante a Garda Civil. Dende a protectora piden o máximo apoio social posible para condenar este tipo de prácticas salvaxes e evitar que se sigan realizando na actualidade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/11/barroco_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/11/barroco.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA