O campus de Pontevedra convértese na sede do audiovisual galego

PONTEVEDRA> A Universidade de Vigo volve a converterse, dende hoxe, no centro do audiovisual galego. O é grazas a celebración da novena edición de Augal. Un evento aberto a todo o público, no que haberá diversas proxeccións e polo que pasarán personaxes tan emblemáticos do sector como Pepelu Viñas, Pepe Coira ou Ana Míguez.

Dous obradoiros e seis sesións dedicadas aos oficios e as propostas audiovisuais. Esa é a programación da novena edición de Augal. A Axencia Galega das Industrias Culturais e a Universidade de Vigo volven a celebrar, dende hoxe e ata o vindeiro 18 de decembro, unha nova Master Class. Un evento aberto a todo o público e que converterá ao campus pontevedrés na sede do Audiovisual Galego.

A programación de Augal comezou esta tarde coa conferencia de apertura a cargo de Pepelu Viñas e continuará ata o 18 de decembro con figuras destacadas como Ana Míguez, Olga Osorio ou o creador da serie Hierro, Pepe Coira.

Todos os que queiran participar nesta novena edición de Augal deberán inscribirse a través do correo electrónico axendacsc@gmail.com

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí