CALDAS> Jacobo Pérez marca obxectivos á fronte do concello de Caldas. O novo alcalde fai balance da súa xestión á fronte do goberno local un mes despois da súa toma de posesión. Asegura que está indo porta a porta para escoitar á veciñanza. Marca como retos a ampliación dos polígonos industriais, mellorar o mantemento na vila e nas parroquias e atender as necesidades básicas do rural.polígono
Pasou un mes desde que chegou á alcaldía de Caldas e hoxe Jacobo Pérez fixo un repaso do feito nestas semanas e do que serán as liñas do seu goberno. O socialista asegura que está indo porta por porta presentándose e escoitando á veciñanza e colectivos socioeconómicos da vila.
E nesa primeira toma de contacto, o rexedor asegura estar tomando nota das reclamacións da xente. No caso do rural, atendendo as necesidades básicas.
E tanto nas parroquias como no centro da vila, un reforzo do mantemento.
E nos grandes retos, o alcalde marca a ampliación do instituto, a construción do novo centro de saúde e a creación de máis solo industrial nos polígonos do Pousadoiro, no de Paradela-Carracedo e no de Veigas de Almorzar. Neste último caso, o rexedor recoñece que aínda queda moita batalla por dar.
No político, Jacobo Pérez cre que a remuda na alcaldía serve tamén para dar resposta ás voces que pedían cambio na vila. E sobre o incremento dos soldos nun 3%…
E agora, cunha dedicación parcial o seu salario queda nos 32.250 euros brutos anuais, mesma cantidade que cobra o concelleiro de medio ambiente, tamén cunha parcial. A dedicación exclusiva correspóndelle ao tenente alcalde, Manuel Fariña, con 51.000 euros brutos ao ano.











