As farmacias atópanse con escaseza de produtos pero sen medo ao desabastecemento

VILAXOÁN> As farmacias recuperan a normalidade tralas aglomeracións dos primeiros días de corentena. Os establecementos no sufriron desabastecemento pero si escaseza nos produtos máis demandados como as máscaras, as luvas ou os termómetros. Dende o sector lamentan a falta de protección que recibiron nos primeiros días por parte do concello.

Coa declaración do estado de alarma, moitas farmacias víronse saturadas polo medo da poboación a que se esgotasen os produtos farmacéuticos. Un mes despois do comezo da corentena, os establecementos comezan a traballar con certa normalidade. Os produtos non chegaron a esgotarse a pesar da súa escaseza.

Os xeles desinfectantes, as máscaras, os guantes, os termómetros e o paracetamol foron os produtos máis reclamados. Pero o que máis solicitaron os clientes, foi información.

Ante a falta protección nas farmacias por parte do goberno, os locais tiveron que aplicar as súas propias medidas. No caso da farmacia Durán García puxeron paneis de metacrilato e limitaron o aforo a catro persoas. As farmacéuticas lamentan que nun principio o goberno non as considerase persoal sanitario.

Dende a farmacia aclaran que as mellores máscaras son as FPP2 sen válvula, xa que protexen tanto ao que a leva como o resto no caso de que este estea contaxiado. Aínda así aconsellan levar a máscara que se poda e sobre todo respectar as medidas de prevención.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí