O campo de fútbol de Príncipe Felipe estará catro meses en obras

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra non conta con instalacións deportivas axeitadas. Así o manifestou o presidente da Deputación provincial Rafael Louzán, no inicio das obras de reforma do campo de fútbol de Príncipe Felipe. Louzán tamén comprobou neste centro o resultado do cambio de caldeira dentro do plan de eficiencia enerxética. Arrancan as obras para dotar o campo de fútbol de Príncipe Felipe de céspede artificial, e os traballos durarán uns catro meses. O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou as obras, que custarán 600 mil euros. Actualmente o campo dá servizo ós clubs da cidade e do seu entorno. Amais de céspede artificial de última xeración, neste campo incorporaranse outras novidades como unha base elástica. Outra actuación que se desenvolveu en Príncipe Felipe foi o cambio da caldeira de gasóleo por outra de biomasa. As instalacións de Príncipe Felipe contan cunha superficie de máis de 41 mil metros cadrados e a súa factura enerxética actual supera os 334 mil euros. Con este cambio espérase aforrar entre 80 mil e cen mil euros ó ano. A actuación enmárcase dentro dun plan de eficiencia enerxética. Louzán ten previsto presentarllo este xoves ós concellos da provincia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/25/LOUZAN_PRINCIPE_FELIPE.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/25/LOUZAN_PRINCIPE_FELIPE.mp4{/flowplayer}