Suspendido, por cuarta vez, o xuízo contra a sobriña de Charlín

Pontevedra> A sección segunda da Audiencia Provincial suspendeu, por cuarta ocasión, a vista oral contra a sobriña do narcotraficante Manuel Charlín, acusada de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas. Unha decisión que se adoptou xa que antes de continuar, o tribunal deberá resolver unhas cuestións procesuais.

Unha vez máis, e xa van catro, quedou suspendido o xuízo contra a sobriña de Manuel Charlín, por branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas. A razón, que os avogados dos outros tres acusados, o seu ex marido, o irmán e a nai deste, presentaron un recurso de súplica contra a decisión do tribunal de acumular as dúas causas se seguen contra Rosa Charlín no mesmo procedemento.

O fiscal do caso uniuse á petición de adiamento, ao asegurar que non é correcto que os acusados tivera que enfrontarse a dous escritos de acusación e que a acumulación de causas debería producirse antes de que o xuízo estivese sinalado.

De non suspenderse a vista, dixo, sería peor o remedio que a enfermidade, ao entender que a celebración deste xuízo podería acabar nunha nulidade do mesmo.

As penas solicitadas polo fiscal para Rosalía Charlín en ambas as causas suman dez anos e medio de prisións e a metade para o resto de acusados.