Medio milleiro de atletas corren en favor de Amigos de Galicia

VILAGARCÍA> Medio cento de corredores tomaron onte as rúas de Vilagarcía para desputar a media maratón solidaria de Zona Aberta. Santiago López Rodríguez, do club de Atletismo Porriño, volveu a facerse co liderato da proba tras marcar un tempo dunha hora e dez minutos. O primeiro vilagarcián en cruzar a meta fíxoo na décima posición, Diego Negro. En féminas venceu Sonia Teijeiro, de Ourense. Máis de medio cento de corredores asistiron onte á convocatoria da media Maratón de Zona Aberta. O acto deportivo tiña unha finalidade solidaria, pero non por iso os participantes mermaron o ánimo competitivo. Ás dez da mañá arrancaba a competición desde a Avenida da Mariña. Os afeccionados tiveron que dar tres voltas ó circuíto habilitado entre o Auditorio e Vilaxoán para completar os 21 quilómetros da proba. Unha hora e dez minutos despois atravesaba a meta o vencedor da proba, Santiago López Rodríguez, do Club Atletismo O Porriño. Detrás del entraron José Carlos Ferreira, da Guarda e Pedro Traba, de Outes. O primeiro vilagarcián que completou o percorrido chegaba en décimo posto, Diego Negro, e a primeira muller en atravesar a liña de meta facíao na posición número 83. Foi Sonia Teijeiro, de Ourense. Salientar na categoría de féminas a cuarta praza lograda pola vilagarciá Aída García, e a sexta da cuntiense Montse Pereira. Tódolos participantes tiveron que abonar na inscrición entre dez e once euros. Unha vez descontados os gastos de organización, a asociación de comerciantes Zona Aberta doará esta contía á Fundación Amigos de Galicia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/25/mediwamaraton.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/25/MEDIA_MARATON_ZONA_ABERTA2.mp4{/flowplayer}