O PP acusa ó concello de mercar votos pagando obras privadas

POIO> O Partido Popular de Poio acusa ó goberno local de mercar votos. Segundo Ángel Moldes, o concello está a pagar unha obra nunha propiedade privada para conseguir o apoio electoral dos veciños. Unha práctica que, aseguran, estase a volver frecuente. O alcalde, pola súa banda, nega en rotundo estas acusacións.

 

A obra sobre a que se centra o conflito é o peche dunha propiedade privada en plena PO-308, na costa de Albar. Segundo os populares, o concello está a financiar esta obra; unha acusación que fan apoiándose nunhas declaracións recollidas nun informe da Policía Local.

Segundo Moldes, este é un exemplo da rede clientelar que ten creada o goberno de Luciano Sobral.

O popular ve incluso prevaricación na actuación do rexedor. Pero, polo de momento, o PP non emprenderá accións legais.

E é que segundo o rexedor, a acusación de Moldes non ten base real. Sobral insistiu en que o concello non ten nada que ocultar.

Segundo o alcalde do BNG, o concello está a xestionar o caso axustándose ó que corresponde  cando se detecta que unha obra non ten licenza.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/04/PP_POIO_OBRA_SEN_LICENZA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/04/ PP_POIO_OBRA_SEN_LICENZA.mp4{/flowplayer}