PONTEVEDRA> 200 persoas porán a proba a súa capacidade de resistencia sobre a bicicleta os días 8 e 9 de xuño. A provincia de Pontevedra acolle unha nova edición da Epic Race, con circuítos de 100, 200 e 300 kilómetros. Os participantes percorrerán diferentes concellos da provincia, facendo parada en catro: Pontevedra, Poio, Vilagarcía e Caldas.
Os días 8 e 9 de xuño ata 200 ciclistas terán que tirar de épica para completar o circuíto que propón a oitava edición da Epic Race.
Unha proba clásica e potente e unha cita ineludible no calendario do ciclismo galego. Na que os participantes terán que demostrar a súa capacidade de resistencia sobre a bicicleta.
Precisamente, estes puntos de hidratación estarán situados en catro municipios: Pontevedra, Poio, Vilagarcía e Caldas nos que farán parada os ciclistas.
Ademais, circuíto levará aos participantes por lugares como a enseada de San Simón, o miradoiro da Fracha, as termas de Caldas, os muíños de Meaño ou os viñedos de Meis.
O circuíto máis curto, de 100 quilómetros e 2.500 metros de acumulado positivo, ten un límite de 9 horas para completalo e está composto de tres etapas. O de 200 quilómetros con aproximadamente 4.500 metros de desnivel ten un límite de 16 horas e está dividido en cinco. En canto ao máis esixente, o de 300 quilómetros, conta con 7.500 metros de desnivel positivo acumulado e un máximo de 28 horas para completar as sete etapas que o compoñen.