A Deputación presenta a súa folla de ruta para este mandato a todos os alcaldes da provincia

PONTEVEDRA> A presidenta da Deputación de Pontevedra mantivo esta mañá unha reunión cos alcaldes e alcaldesas dos concellos da provincia. Un primeiro encontro tras a toma de posesión de Carmela Silva que serviu para presentar as liñas de actuación que marcarán este mandato.

A transición ecolóxica, a axenda urbana, a axenda dixital e unha maior equidade nos Concellos da provincia de Pontevedra. Esas son as 4 liñas que marcarán o novo mandato da Deputación. E esa é a folla de ruta que esta mañá presentou Carmela Silva aos alcaldes e alcaldesas dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Unha primeira reunión que serviu para explicar máis polo miúdo estes 4 eixes, entre os que se encontra o Plan Concellos. A administración provincial quere que nos vindeiros 4 anos, haxa maior equidade e máis dereitos.

A presidenta da Deputación explicou todos os novos proxectos que se desenvolverán nas áreas de igualdade, de deportes e de turismo. Tamén no eido das infraestruturas.

Carmela Silva quere que a provincia de Pontevedra sexa un referente en canto a transición ecolóxica. Por iso, crearase unha estratexia de traballo en base ás directrices da ONU e as conclusións que se acorden no Cumio Mundial de 2019. A presidenta saíu moi satisfeita desta reunión cos alcaldes e alcaldesas e asegurou que este é o primeiro paso para que os Concellos sigan medrando conxuntamente.

Sen embargo, esta satisfacción non se viu reflectida en todos os alcaldes. Jorge Cubela, e Telmo Martín, non dubidaron en mostrar a súas diferenzas nalgúns asuntos. O alcalde de Cerdedo-Cotobade reclamou un incremento do Plan Concellos, algo que non agradou a presidenta e ao vicepresidente da Deputación, que responderon a esta petición facendo un chamamento á Xunta de Galicia. Un feito que foi criticado polo alcalde de Sanxenxo.

Comments are closed.