Cambados celebrará as II Xornadas de Exaltación da Zamburiña

    CAMBADOS> Por segundo ano consecutivo Cambados celebrará as xúas xorNadas de exaltación da Zamburiña. Un evento organizado por Zona Centro e que contará coa participación de once establecementos, que durante dúas semanas potenciarán o consumo deste bivalvo. O alcalde Luís Aragunde mailo patrón maior de Confraría de Cambados, Benito González, quixeron arroupar a Zona Centro na presentación destas II Xornadas de Exaltación da Zamburiña. Arrancarán este venres día 29 e desenvolveranse ata o día 8 de decembro. Participarán un total de once establecementos hosteleiros do municipio que porán a disposición dos clientes diferentes tapas e racións, coa zamburiña como protagonista. Tanto Luís Aragunde como Benito Gonzaléz quixeron poñer en valor este producto do que Cambados pode presumir de ser o seu gran productor. As ración colocaranse a un prezo de 5 euros e a 12 se se pide con ela una botella de albariño. En cada un dos establecementos estarán a disposición dos clientes un díptico. Se se obtén o selo en catro establecementos se pode entrar no sorteo de diferentes agasallos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/27/zamburina600_271113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/27/zamburina_271113.mp4{/flowplayer}