Fexdega recibirá a máis 300 deportistas discapacitados cos Xogos Autonómicos

VILAGARCÍA> Máis de 300 deportistas con discapacidade intelectual participarán o vindeiro sábado en Vilagarcía dos XVII Xogos Autonómicos de Baloncesto. O evento está organizado por Special Olympics e conta coa colaboración da Asociación Con Eles e do concello. En total estarán representadas 21 asociacións de toda Galicia, 319 deportistas con discapacidade intelectual e 74 adestradores. Unha xornada entorno ó deporte do baloncesto, que se celebrará no recinto de Fexdega o sábado día 30 e que arrancará ás 10:45. Ata ás sete da tarde se irán desenvolvendo diferentes encontros de baloncesto. Celebraranse diferentes competicións adaptadas ás capacidades intelectuais de cada un dos deportistas. A asociación vilagarcián Con Eles exerce de anfitriona e de colaboradora na organzación do evento. Acudirá á cita cun total de 18 deportistas e 4 adestradores. O seu vicepresidente Xosé Luís Queiruga destacou o papel levado a cabo por este tipo de asociacións que permiten darlle maiores oportunidades a este tipo de discapacitados. Pola súa parte, a edil de Deportes e Benestar Social Elena Suárez, destacou a implicación do concello neste tipo de actividades, malia a época de recortes na que vivimos. Tódolos deportistas que participen neste Xogos Autonómicos de Baloncesto levarán a súa medalla. Ademais, serán recoñecidos aqueles que amosen unha actitude máis deportiva co resto de compañeiros. O club local BBC implicarase directamente coa actividade e porá a disposición da organización un grupo de voluntarios. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/27/special600_271113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/27/special_271113.mp4{/flowplayer}