Os vilagarciáns indígnanse ca suba do IBI

    VILAGARCIA> Moitos veciños de Vilagarcía xa recibiron nos seus fogares a notificación da suba do IBI. Unha carta na que tamén se lle indica, de xeito pouco intelixible, que o valor da vivenda se incrementa, camuflando así a dimensión real da suba do valor catastral. Ante esta situación, a poboación está indignada e o BNG pedirá no vindeiro pleno unha moratoria dun ano para a entrada en vigor da chamada nova poñencia de valores e a corrección na súa sobrevaloración. O BNG de Vilagarcía denuncia que o global da cidadanía non vai a ser quen de soportar a suba do IBI tal e como a propón o Goberno Local, habida conta do alto índice de desemprego que existe na capital arousá. Ante esta situación, os nacionalistas presentarán unha moción no vindeiro pleno para que se demore un ano a entrada en vigor da Poñencia de Valores, co fin de facer un estudo pormenorizado sobre o seu contido, corrixindo as causas das sobrevaloración dos bens inmobles que se prevé o Executivo de Fole. Na rúa non todos coñecen aínda cando vai a supoñer a suba do IBI nin cal é o novo valor catastral da súa vivenda. O que si manifestan é a súa indignación co constante incremento de impostos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/27/pleno_vila.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/27/ibi_vilagarcia_271113.mp4{/flowplayer}