VILANOVA> En Vilanova, os nenos do colexio de Tremoedo son, dende hoxe, uns auténticos expertos no sector vitivinícola. Un grupo de alumnos do centro visitaron hoxe a adega de Agro de Bazán. Alí, aprenderon como é o proceso de cultivo e elaboración do viño.
Para coñecer algo, non hai como ir ata o fondo do asunto. Un grupo de alumnos do colexio de Tremoedo visitaron esta mañá a adega de Agro de Bazán. A excursión serviu para coñecer como se cultiva e elabora o viño e incluso para coñecer un chisco da historia vitivinícola da nosa contorna.
E tan ben o pasaron que ata se animaron a deseñar, sobre o papel, a súa propia botella de viño. Mesmo aproveitaron para poñerlle nome ó seu produto.
Segundo explican dende o colexio, a visita a Agro de Bazán serve para que os cativos se empapen da cultura vitivinícola da zona xa dende ben pequenos.
A xornada serviu tamén para que os rapaces aprendesen un novo concepto: enoturismo, unha palabra descoñecida para moitos que, a partir de agora, xa pasará a formar parte do seu vocabulario.