A Fundación Amigos de Galicia lanza unha nova campaña de recollida de material escolar

VILAGARCÍA> A fundación Amigos de Galicia volve a lanzar a campaña “Nas súas mochilas os seus soños”. Coa colaboración de Alcampo agardan conseguir máis de 1844 mochilas para dotar a aqueles menores que o necesiten de material escolar. A campaña estará vixente ata o día 6 de setembro nos diferentes puntos de recollida e os días 30 e 31 no supermercado Alcampo de Vilagarcía.

A fundación Amigos de Galicia volve a lanzar unha nova campaña para axudar aos máis necesitados. Nesta ocasión con “Nas súa mochilas os seus soños” o que se busca é obter materiais escolares para aqueles menores que teñen dificultades na volta ao colexio. A campaña estará vixente ata o día 6 de setembro.

O obxectivo é acadar 1844 mochilas para repartir entre os menores con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

As mochilas inclúen todo o material escolar necesario para afrontar o curso. A fundación conta coa colaboración de Alcampo Vilagarcía que se converterá nun punto de recollida os días 30 e 31. Dende a entidade consideran importante participar nesta recollida.

O resto de puntos de recollida están situados na Fundación Amigos de Galicia, en Carlin Vilagarcía, na Papelería Arines de Vilagarcía e na librería Castelao en Cambados.