MEIS> Meis segue divulgando a súa historia. O cronista local Mario Gallego acaba de lanzar unha investigación na que afonda nas distintas ordes de cabalería que se asentaron na vila entre os séculos XI e XIV. O propio autor da publicación recoñece que na localidade aínda hai moitas historias por recuperar e que xa está a traballar na súa vindeira publicación.
Meis segue desentrañando ós poucos a súa historia. Unha vez máis, o pasado da vila atopou nel, en Mario Gallego Rei, a persoa indicada para recompila-los datos, documentos e personaxes que marcaron o devir da localidade. Como el mesmo indica, non hai historia pequena, nin tampouco lugar sen historia.
O cronista local leva dous anos afondando na presenza en Meis de varias ordes de cabalería na baixa idade media. Toda esa investigación deu como froito a súa última publicación: “A cruz é a espada”.
Gallego Rei tamén investigou sobre aquelas construcións nas que as ordes militares deixaron pegada. E é que a excepción de Armenteira, que nunca estivo en mans dos templarios, no resto da vila son moitas as construcións vinculadas con eles, por exemplo: a igrexa de Mosteiro.
O novo libro de Mario Gallego pode conseguirse de balde na Casa do Concello de Meis. O autor, por certo, xa avanzou que está a traballar na súa vindeira publicación, centrada desta volta no patrimonio artístico e monumental do concello.
Comments are closed.