Unha rede de voluntarios no Grove facilita o confinamento aos veciños vulnerables

O GROVE> En todo o mundo e por suposto na nosa contorna non deixan de agromar iniciativas solidarias para apoiar aos que peor o están a pasar nestes momentos pola alerta sanitaria. No Grove teceuse unha rede de voluntarios que axudan aos máis vulnerables a facer os recados e evitar así que saian da casa. Hoxe tocou reparto de alimentos entre as familias ás que a crise do coronavirus deixou en peor situación económica.

Non deixar ninguén atrás nesta crise provocada pola pandemia é o lema que se está a difundir entre a sociedade. Unha das iniciativas máis estendidas é a que busca axudar ás veciños maiores ou con patoloxías para que poidan quedar na casa, facéndolles máis levadeiro o illamento.

Ante o chamamento de Kito Parada, teceuse rapidamente unha rede de voluntarios grovenses  dispostos a axudar. Agora xa funciona a pleno rendemento.

Outra das iniciativas é o reparto de alimentos entre as familias máis golpeadas pola crise. Aqueles que se atopan en situacións máis vulnerables.

As persoas que precisen axuda poden contactar co teléfono de Servizos Sociais do concello do Grove ou co propio Kito Parada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí