Vinte e seis grupos celebrarán a Festa da Música en Vilagarcía

    FESTAMUSICA.jpg VILAGARCÍA> A cidade conmemora por terceiro ano esta efeméride con concertos desde as sete e media da tarde ata a media noite.

    Vilagarcía converterase este xoves nunha das catrocentas cincuenta cidades de toda Europa nas que se celebrará á vez a Festa da Música. O evento, que naceu en Francia hai trinta anos, celébrase por terceira vez na capital da Arousa. Os sons e cantos irromperán nas rúas e prazas de Vilagarcía a partir das sete e media da tarde coa participación de vinte e seis grupos que interpretarán os máis variados estilos musicais. As asociacións cultural e parroquial da Nosa Señora da Xunqueira e Airiños son os encargados de organizar esta celebración, e aínda que agradecen o nivel de implicación dos participante, botan en falta a máis agrupacións xuvenís.

    O grupo Repercusión da Escola de Música e Mar de Arousa serán os encargados de abrir o cartel de actuacións nas rúa Castor Sánchez e na Praza de Galicia respectivamente. A partir de entón as actuacións sucederanse polas distintas rúas da cidades dando forma a un macro-concerto que se estenderá ata a media noite. Para animar o ambiente, os comercios de Zona Aberta non pecharán ata as dez da noite, e haberá unha emisora de radio xuvenil para recoller as intervencións de todo aquel que desexe intervir.

    O concello de Vilagarcía tamén colabora no evento, aportando os carteis publicitarios e a infraestrutura que precisan os artistas.

    Redacción Salnés