Vilagarcía acolle unha mostra da obra internacional do pintor Antonio Franchini

VILAGARCÍA> O espazo de arte CrisVillegas acolle a exposición “Colores y formas, un mundo de abstracción” do pintor Antonio Franchini. A mostra recolle unha conxunto de obras abstractas deste artista. Estará dispoñible ata o día 21 de marzo.

Dende hai máis de tres anos Vilagarcía ten un salón dedicado para o arte de primeiro nivel. O espazo de pinturas CrisVillegas aposta por un lugar onde mesturar aprendizaxe e exposición. Dende o pasado fin de semana o espazo acolle a exposición “Colores y formas, un mundo de abstracción” do pintor Antonio Franchini.

Segundo CrisVillegas, a obra de Franchinié unha mirada ávida pola aprendizaxe, nela refléxase a súa mente curiosa e rebelde. Engade que o conxunto do seu traballo engloba a historia da arte máis próxima.

Antonio Franquini é un pintor portugués cun amplo recoñecemento a nivel mundial. Coincidiu con CrisVillegas nunha exposición en Castilla León e dende entón ambos artistas mantiveron en contacto. A mostra que actualmente está no seu espazo traslada a Vilagarcía máis que a pintura deste artista.

A exposición estará dispoñible ata o día 21 de marzo. O horario de visitas é de luns a venres de 10 a 12 horas e de 17 a 21 horas,os sábados de 12 a 14 horas e os domingo só con cita previa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí