VILANOVA> A parroquia de Baión, en Vilanova, regresa esta fin de semana aos anos 60 e 70. A asocición O Castro organiza a sétima edición da Mostra de Oficios, unha cita que congrega a ducias de persoas arredor das tradicións e costumes que fomos perdendo co paso do tempo. Ademais de distintos obradoiros, a programación inclúe exhibicións de diferentes oficios, como zoqueiros ou cesteiros, e tamén representacións de actividades como a malla, tirar dos bois ou debullar o millo.
A parroquia vilanovesa de Baión prepárase para viaxar de novo ao pasado. A asociación O Castro organiza para esta fin de semana a sétima edición da Mostra de Oficios, Tradicións e Xogos Populares. Unha cita que atrae á veciñanza da comarca e doutras zonas de Galicia.
As actividades vanse desenvolver ao longo de toda a fin de semana. As representacións dos diferentes oficios tradicionais teñen un peso importante dentro da programación.
Dende a organización tamén destacan o conxunto de obradoiros desta edición, pensados para o público xeral, pero poñendo especial énfase na rapazada.
O cartel complétase con diferentes representacións de tradicións ou costumes que se foron perdendo co tempo.
A fin de semana complétase con outras propostas, como unha andaina da Santa Compaña ou actuacións musicais. Todo para reivindica-la sabedoria popular dos nosos antergos e loitar para que as nosas orixes non caian no esquecemento.
A mostra contará con zonas de aparcadoiro habilitada e tamén, cun ollo posto no ceo, de carpa, para que a ameaza de choiva non sexa un impedimento para que Baión regrese de novo aos anos 60 e 70.











