Concello e Política Territorial prometen unha rotonda na Vichona

    reunionvichona100150307_001.jpgSANXENXO > A rotonda da Vichona podería estar un pouco máis cerca. Esta é a conclusión de políticos e veciños despois da reunión

    … que mantiveron coa delegada provincial en Pontevedra de Política Territorial no concello de Sanxenxo. Agora haberá que esperar unha semana para coñecer a resposta da consellería desde Santiago. Mentres, os ánimos están un pouco máis calmados.

    Optimistas pero precavidos. Así se amosaron os protagonistas desta caldeada mañá no concello de Sanxenxo. Caldeada, polos ánimos dos afectados que agardaban con impaciencia o resultado do encontro entre a delegada de Política Territorial e os representantes dos grupos municipais.

    reunion_vichona150307_200.jpgDecenas de afectados polo plan de seguridade vial da PO-504 de Sanxenxo a Vilalonga concentráronse diante do concello. E as horas de espera tiveron a súa recompensa. Un grupo de afectados mantiveron unha reunión na que a corporación de Sanxenxo lles achegou a intención de tódalas partes de paralizar o actual proxecto e empezar de cero unha nova empresa. Neste caso, o concello asumiría a redacción do documento. Sempre co compromiso de que esa estrada sexa de competencia municipal.

    Agora, a última palabra a teñen en Santiago. Alí, María Isabel Domínguez, delegada de Política Territorial intentará que este plan de seguridade non siga adiante, pero expuxo que os trámites para a execución do proxecto están moi avanzados. A delegada asegurou que, pase o que pase, o proxecto de mellora para A Vichona será unha realidade.

    Os veciños tamén se amosaron optimistas con este compromiso. Agora esperan noticias desde a Consellería. Marcial Touriño cre que de momento hai que ‘darlle tempo ó tempo’. Mostrouse ledo pero cauto polo conseguido no encontro e asegurou que agora toca esperar unha resposta de Santiago. Os afectados afirmaron que se establecerán en plataforma mentres esperan esta resolución.

    Redacción Salnés