O Salnés conta cunha ampla representación na Executiva de PP tralo Congreso

    SANTIAGO> Núñez Feijoo relevou a Manuel Fraga á fronte dun PPdeG con grande peso de representantes do Salnés na súa Executiva. Un congreso no que estiveron presentes a práctica totalidade de representantes do PPdeG a nivel comarcal, autonómico  e estatal. Feijoo tivo palabras para todos e deixou evidente a súa intención de crear un grande equipo.

    congresopp1_300_160106.jpgAlberto Núñez Feijoo estivo arroupado por cargos do partido, novos e vellos, altos e non tan altos. Dende o novo vicepresidente Barreiro a Xosé Luís Baltar, pasando por alcaldes das comarcas do Barbanza e o Salnés pero todos cun punto en común: o apoio incondicional de tódolos sectores ó novo presidente do partido e a aposta por unha nova era dentro do partido.

    O Congreso desenvolveuse case case sen incidencias, só algunha pequena anécdota pero que no eclipsou a clara aposta polo sí a Feijoo e un  respaldo do 96 % dos votos dos compromisarios ó novo presidente. Feijoo amosouse contento especialmente polo que representou o Congreso para el. 

    Pero non todo o protagonismo do Congreso foi para o sucesor, senón tamén para o sucedido. Manuel Fraga contou cunha emotiva homenaxe á súa carreira política por parte de tódolos que interviron no acto.congresopp2_300_160106.jpg

    Xa coa súa chegada arrancou os aplausos dos que onte asistiron ó Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Manuel Fraga viviu probablemente un dos días máis simbólicos a nivel político e persoal.  O ex presidente emocionouse co resumo biográfico que del fixeron os seus compañeiros de partido que, nas súas intervencións, non escatimaron en eloxios.

    Tras pedir calma, o ex-presidente da Xunta subiu ó escenario para dar as grazas a todos, pedir perdón por non ter feito máis e dar o seu punto de vista sobre o actual panorama político.

    Neste sentido tamén tivo palabras o presidente da oposición, Mariano Rajoy, que, ademais de eloxiar a Fraga, non perdeu a ocasión para referirse ó panorama político estatal.

    Redacción Salnés