Búscanse mecenas para plantar 10 millóns de árbores

PONTEVEDRA> Plantar dez millóns de árbores. Este é o obxectivo do proxecto El árbol es vida, impulsado pola Fundación Española da Madeira. E para conseguilo están a buscar patrocinios e doazóns de empresas e particulares. Hoxe sumaron un novo apoio, o da Deputación de Pontevedra, que anima ó sector da provincia a participar. A Deputación de Pontevedra vén de sumarse ó proxecto “El árbol es vida”, impulsado pola Fundación Española da Madeira. A través desta iniciativa preténdese plantar 10 millóns de árbores en España grazas ó patrocinio e doazóns de empresas e particulares. Este programa xerará para España un aforro en dereitos de emisión equivalente a 2,2 millóns de toneladas de CO2 en 40 anos, e o crecemento estimado de madeira será de 74.000 metros cúbicos ó ano. As empresas que participen con “El Árbol es Vida” poderanse aplicar os máximos beneficios fiscais que contempla a lei de Mecenazgo na cota do Imposto de Sociedades, recuperando ata o 90 % da súa doazón a través da desgravación dos gastos en publicidade e propaganda no que incorran para a súa promoción. O Consorcio que xestiona o proxecto está formado polos Ministerios de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e de Facenda e Administracións Públicas e pola Fundación Española da Madeira. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/29/LOUZAN_CONVENIO_MADEIRA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/29/LOUZAN_CONVENIO_MADEIRA.mp4{/flowplayer}