“Ponte Veteri”, o videoxogo que percorre as rúas de Pontevedra do século XII

PONTEVEDRA> Un videoxogo permitirá aos pontevedreses percorrer as rúas da cidade do século XII. Un proxecto que nace da colaboración do Concello e da Universidade de Vigo e que está enmarcado no 850 aniversario da concesión do Foro á Pontevedra. O seu nome é “Ponte Veteri” e está xa dispoñible na Play Store.

Así comeza o videoxogo Ponte Veteri. Un proxecto enmarcado no 850 aniversario da concesión do Foro á Pontevedra e que permite aos veciños da Boa Vila visitar as rúas da cidade do século XII.

Este videoxogo propón un roteiro circular pola cidade e está ambientado en 6 escenarios. Cada un deles correspóndese cunha confraría. O obxectivo é que os xogadores superen cada un dos minixogos ata conseguir a concesión do Foro para Pontevedra.

Ponte Veteri foi deseñado e desenvolvido polo grupo de innovación docente da Universidade de Vigo e está pensado para todo tipo de idades.

Unha maneira diferente de coñecer a historia da nosa cidade que xa está dispoñible na Play Store.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí