A Deputación saca a licitación a rolda leste de Pontevedra por 1,8 millóns de euros

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra deixou hoxe boas novas para os concellos da provincia. O organismo ven de conseguir un préstamo de 12 millóns de euros para conceder anticipos aos cincuenta e cinco gobernos locais adheridos ao ORAL. Con esta petición, a intención é permitir aos concellos contar con liquidez.

 

Un préstamo por valor de 12 millóns de euros a repartir entre os cincuenta e cinco concellos adheridos ao ORAL, foi unha das medidas anunciadas hoxe pola Deputación.

Este non foi o único anuncio feito por Rafael Louzán. O Consello de goberno da Deputación deu hoxe o seguinte paso para a construción da rolda leste en Pontevedra. O prego sairá publicado o vindeiro luns no Boletín Provincial para que as empresas poidan presentar as propostas para optar a esta intervención que conta cun orzamento de 1 millón 800 mil euros e un prazo de execución de 9 meses.

Outro concello que se beneficiará das actuacións aprobadas hoxe será o de Vilagarcía. A Deputación acometerá a mellora integra no equipamento do campo de fútbol Manuel Jiménez, dotando as instalacións dun sistema de televisión multicámara e puntos de conexión wifi de 200 megabites.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/22/deputacion_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/22/deputacion_pontevedra.mp4{/flowplayer}