Rouban en AFASAL varios aparellos electrónicos destinados á terapia

    VILAGARCIA> As oficinas de AFASAL, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Vilagarcía, foron obxecto dun roubo nesta fin de semana. O sustraído ascende a uns dous mil euros, ó que é moito para esta asociación sen ánimo de lucro. Os ladróns non respectan nada nin a ninguén. Esta fin de semana entraron nas oficinas de AFASAL en Vilagarcía, sitas na Casa do Doutor Carús. Tras forzaren un par de portas leváronse varios aparellos electrónicos que era todo canto había de valor nesta Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer. O valor do sustraído rolda os dous mil euros, a parte dos danos realizados nas portas e a desfeita que deixaron nesta oficina; o que é moito para esta ONG. O peor de todo é que os doentes volven así a quedarse sen unhas ferramentas que lle eran ben útiles para desenvolver as súas capacidades psicomotoras. Amais, Ana Granja sospeita que os cacos sabían a onde tiñan que dirixirse exactamente, co que poderían ten visitado antes o inmoble; e tamén poderían estar na procura do que recadaran no rastrillo da fin de semana; unha recadación que por sorte se levara para a súa casa por precaución unha empregada. A Policía Nacional investiga os feitos con escasas esperanzas de recuperar o roubado. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/02/afasal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/02/roubo_afasal.mp4{/flowplayer}