A Deputación da Coruña abre o prazo para as axudas do PEL 2023

BARBANZA> A nova convocatoria de axudas do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña para este ano 2023 contará cun orzamento inicial de 7’6 millóns de euros. Con eles o organismo provincial pretende apoiar a contratación de persoal, a realización de investimentos nos negocios e a sufragar os custes das cotas á Seguridade Social por parte dos autónomos.

Segundo as previsións que manexa o organismo provincial as distintas liñas de axudas poderían chegar a uns 1.425 beneficiarios este ano, con achegas para contratacións e investimentos que van dos 1.000 ós 46 mil euros por empresa ou autónomos.

Para o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, significa, unha vez máis, unha clara e decidida aposta polo emprego na provincia.

A presentación de solicitudes permanecerá aberta ata o vindeiro 10 de marzo, realizándose de xeito telemático, a través da plataforma SUBTeL da propia Deputación: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí