O torneo de seleccións territoriais de balonmán volve ó Salnés

PONTEVEDRA> O balonmán está a ter un auxe importante na provincia de Pontevedra, e en concreto no Salnés, onde xa se crearon dúas escolas, en Cambados e Sanxenxo. E por iso se repetirá nesta comarca o torneo de seleccións territoriais. Será esta fin de semana nos pavillóns de Cambados, Sanxenxo, Meaño e Ribadumia e reunirá a medio milleiro de deportistas. Uns cincocentos deportistas participarán esta fin de semana no Salnés no segundo torneo Deputación de Pontevedra de seleccións territoriais de balonmán. Nesta edición engádese unha nova sede, Ribadumia, a maiores de Cambados, Meaño e Sanxenxo, incorpora a categoría infantil, xunto á cadete, tanto masculina como feminina e ademais ten carácter internacional. A Federación e maila Deputación decidiron repetir este torneo no Salnés polo éxito que tivo a iniciativa o ano pasado, e que levou incluso á creación de dúas escolas de balonmán en Cambados e Sanxenxo. Trátase ademais dun deporte en auxe na provincia, onde hai 148 escolas con 2.700 nenos. A competición arrancará o venres ás once da mañá no pavillón de Ribadumia, co partido entre as seleccións cadete feminina de Galicia e a holandesa de Brabant. O torneo servirá como preparación do campionato de España, que se disputará en xaneiro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/02/BALONMAN_DIPU_021213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/02/BALONMAN_DIPU_021213.mp4{/flowplayer}