O concello de Rianxo abandonará SOGAMA

    RIANXO> O executivo rianxeiro ten intención de incorporarase novamente á Mancomunidade Serra do Barbanza, entidade da que xa formou parte hai anos. Dende hai algún tempo o executivo rianxeiro viña barallando a posibilidade de abandonar SOGAMA para incorporarse á Mancomunidade de Municipios Serra do Barbanza, entidade da que xa formou parte nas súas orixes. As razóns, segundo explicou o propio rexedor, Adolfo Muíños, son varias. A de maior peso é que o modelo de tratamento de residuos que se emprega na planta de compostaxe de Servia é o que máis se axusta ó que ten en mente o goberno local, baseado no aproveitamento do lixo para a elaboración de abono orgánico. Outro dos aspectos valorados é o económico. O executivo ten previsto levar ó vindeiro pleno o documento de aprobación que poisbilite o cambio, para que poida ser efectivo xa a partir do vindeiro trimestre do ano. Segundo o propio alcalde, os veciños non notarán ningún cambio, e o persoal que se ocupa da recollida de lixo no municipio tampouco, xa que será subrogado á nova empresa que se encargará do servizo, neste caso Fomento de Construciones y Contratas, firma que se encarga da xestión da planta de compostaxe de Servia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/02/concellorianxoabandonosogama021213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/02/concellorianxoabandonosogama021213.mp4{/flowplayer}