BOIRO> A colaboración público privada fará posible a posta en marcha dun innovador estudo para a detección precoz do deterioro cognitivo. Desenvolverase en Boiro da man de AGADEA, o concello e a Obra Social de Caixabank.
A asociación galega de Axuda ós Enfermos de Alzheimer dará continuidade ó proxecto de prevención do deterioro cognitivo iniciado o pasado ano en colaboración co concello de Boiro e a Obra Social de Caixabank.
Nesta edición, ademais do programa de memoria e envellecemento activo, irán un paso máis alá coa realización dun estudo que inclúe non só a valoración cognitiva senón tamén auditiva e optométrica dos participantes.
O proxecto desenvolverase ó longo de 9 meses para coñecer a evolución cognitiva dos participantes que serán seleccionados mediante un cribado previo. Ademais do departamento de servizos sociais de Boiro e do centro de día de AGADEA poden inscribirse nos teléfonos 981 84 99 60 e 613 936 987
Dende Caixabank non dubidaron en apoiar este innovador proxecto de AGADEA, entidade coa que levan anos colaborando a través da obra social.
O obxectivo último é avanzar na detección precoz do alzheimer e outros tipos de demencia para prolongar a súa calidade de vida e retrasar o máximo tempo posible o seu ingreso en centros especializados.