PORTO DO SON> O BNG elixiu Porto do Son para presentar ós membros da comarca de Muros Noia que concorren ás eleccións autonómicas pola provincia. A sonense Patricia Torrado ocupa o número nove da candidatura xunto co outense Anxon Núñez en decimo terceiro lugar.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, foi a encargada de presentar o proxecto dos nacionalistas de cara ás eleccións autonómicas do doce de xullo. Neste primeiro acto de precampaña na comarca, Miranda quixo ter unha lembranza para a ex concelleira e deputada provincial Ánxela Franco falecida recentemente.
Mirando proseguiu coa presentación dos dous candidatos da comarca que integran a lista pola Coruña. Unha cara nova, a da sonense Patricia Torrado, que ocupa o noveno lugar.
Tamén novo aínda que con experiencia en primeira liña política posto que forma parte da corporación municipal de Outes, o número 13 da candidatura, Anxo Núñez.
Os candidatos fixeron un chamamento á participación nas próximas eleccións autonómicas para facilitar un cambio de rumbo á fronte do goberno de Galicia.