O Barbeito pecha a liga cunha derrota en Viveiro

futbolsala250_200508.jpgPORTONOVO > O Hermanos Barbeito ven de rematar a temporada e non o puido facer cunha victoria. Os portonoveses comezan xa a pensar no vindeiro ano despois de confirmarse o seu descenso a pasada semana.

O Hermanos Barbeito non se puido despedir de Primeira Nacional cunha victoria e caeu esta fin de semana na derradeira xornada de liga por 10-5 en Viveiro ante o Porto Celeiro.

Os portonoveses tan só foron quen de manterse no encontro na primeira metade á final da cal chegaron con empate (4-4) no marcador, despois de moitas alternativas no electrónico.

Tralos paso polos vestiarios o xogador local Carlitos botouse o equipo ás costas e con dous goles nos primeiros sete minutos do segundo tempo poñía en clara vantaxe ó seu equipo. Pese a que Pablo Durán foi quen de acorta-las diferencias e poñer o 6-5 no marcador, de novo Carlitos, e fixo o terceiro e cuarto na súa conta particular e aumentou a marxe dun Porto Celeiro que no derradeiro minuto e por mediación de Luisfer fixo o 10-5 final.

Con todo o Barbeito rematou a liga en decimoquinta posición, a oito puntos da salvación. A mala primeira volta dos de Rodri condicionoulles en exceso no tramo final e iso fixo que xogasen con demasiada presión en moitos partidos.

O equipo directivo comezará a traballar xa na confección do plantel da vindeira temporada, que pretende ser a do regreso a Primeira Nacional A. Quérese continuar co mesmo bloque e  incorporar ós irmáns Miguéns, Marcos e Diego, que xa formaron parte do equipo que acadou o ascenso hai tres anos.

 Se xogan como o fan este ano e lles acompaña un pouquiño a sorte e a puntería de cara a gol, non deberían ter problemas en recupera-la categoría, xa que é un equipo de sobrada calidade.

Redacción Salnés