Volven a casa os veciños desaloxados por un incendio

PONTEVEDRA> Volven a casa os veciños que onte foron desaloxados tras un incendio nunha garaxe da rúa Santa Teresa de Jesús Jornet. A presenza de gases tóxicos obrigounos a pasar a noite fora das súas vivendas. Hoxe, tralas medicións dos bombeiros, puideron regresar aos seus fogares. Esta mañá xa puideron volver ás súas casas os veciños afectados polo incendio nunha garaxe da rúa Santa Teresa de Jesús Jornet. O local queimado almacenaba pinturas e disolventes, o que provocou a liberación de gases tóxicos. Segundo explicou Da Silva, os veciños non precisaron se realoxados polo concello, e todos pasaron a noite en casa de amigos e familiares. Hoxe, os bombeiros comprobaron que os niveis de toxicidade baixaran. No seu informe, os bombeiros tamén descartaron que o incendio producira danos graves na estrutura do inmoble.