Os xogadores do Xuven visitaron o colexio de Vilariño

    CAMBADOS> Os cativos do colexio de Vilariño, en Cambados, recibiron este xoves a uns visitantes de altura, que fixeron que un día de escola normal se convertese nunha mañá de deporte, ilusión e fotos, moitas fotos. 

     

    Os xogadores do equipo de baloncesto cambadés Xuven visitaron este xoves o colexio de Vilariño. 

    Unha actividade que naceu no propio club para acercar aos máis cativos do concello ao baloncesto.

    Os rapaces puideron conversar cos xogadores do Xuven e preguntarlle todo o que lles espertaba máis curiosidade.

    Unha actividade que dende o club deportivo plantexan levar a cabo en tódolos coles do concello. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/20/visita_xogadores_xuven_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/20/visita_xogadores_xuven.mp4{/flowplayer}¡