VILAGARCÍA> Fronte común contra Altri dos alcaldes e voceiros socialistas das comarcas do Salnés e Caldas. Hoxe asinaron un manifesto contra a instalación desta macrocelulosa en Palas, polo seu impacto na ría de Arousa. Nun acto en Carril, aseguraron que Madrid non pode apoiar o proxecto porque non cumpre cos obxectivos medioambientais da Axenda 2030.
Fronte a Illa de Cortegada, no fondo da ría de Arousa, os alcaldes e voceiros do PSOE das comarcas do Salnés e Caldas dixeron ‘non a Altri’. Todos eles asinaron hoxe un manifesto en contra da instalación da celulosa en Palas.
Entenden que o proxecto é unha ameaza para sectores produtivos clave para a ría.
Din que Altri é un ‘proxecto político’ da Xunta á que acusan de non ter unha folla de ruta para a industria en Galicia.
E acusan ao goberno galego de elaborar unha declaración de impacto ambiental atendendo ás necesidades de Altri.
E confían en que o goberno central non conceda nin un euro de subvencións Altri.











